viernes, 22 de marzo de 2013

CHARLA DE ENMIGRANTES

O dia 21 tivemos un charla co avó de Sandra, Ramón, na que nos falou da sua experiencia como emigrante. Contounos que marchou a Alemania sen saber falar o idioma e por necesidade. Chamárono dende alá ofrecéndolle o traballo e aceptou. Primeiro estivo traballando alí un certo tempo, despois, segundo nos contou, tamén estivo nun pequeño lugar de Francia traballando na construcción onde gañaba cartos os cales enviaba á súa nai.

Na nosa opinión foi una charla interesante xa que nos falou do difìcil que era vivir fóra sen saber ningún outro idioma. Foi unha gran experiencia coa que puidemos comprender as penurias que pasa unha persoa cando viaxa lonxe do seu fogar en busca dunha vida digna para a súa familia que non ten outra opción máis que esa, vivir lonxe dos seus traballando para achegar un soldo co que poder vivir e comer, pero sempre coa esperanza de poder volver un día a casa de novo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario